Momento angular
14 Mar, 2012
Con papel hixiénico
PRESENTACIÓN: Se a un sistema que puede rotar aplícaselle un momento dunha forza externa nun breve instante de tempo, o sistema non cambia a súa inercia de rotación. Para que o sistema comece a rotar desde o repouso é necesario aplicar unha forza externa a unha distancia do eixo de xiro durante un tempo suficiente.
- Angular Acceleration Without Torque?, Richard D. Kaufman, Phys. Teach. 50, 35 (2012)
2 responses to "Momento angular"
O concepto do momento angular pode resultar algo abstracto cando se lle introduce ós alumnos na aula. O momento angular é a medida de rotación dun obxecto que ten en conta a forma, masa e velocidade do mesmo. O momento angular está directamente realcionado co momento de inercia, por o que depende da forma do corpo que está xirando. Para demostrar como a forma do corpo que xira sobre un eixo condiciona a velocidade de xiro, por o principio de conservación do momento angular resluta especialmente interesante realizar o experimento de sentar a unha persoa nunha silla xiratoria sen apenas rozamento. Para enfatizar o efecto do cambio da velocidad, pediremoslle que sostelña unha pesa en cada man. A posteriori impulsamos a silla para que xire sobre o seu eixo de rotación e decímoslle ó voluntario do experimento que estire os brazos un pedazo, e logo que os volva a encoller traéndoos cara o tronco do seu corpo. Ahí podemos ver como a velocidade de rotación cambia, debido ó principio de conservación do momento angular. Este experimento coa silla xiratoria realizámolo nunha clase de física da universidade, onde replicamos o que se mostra neste vídeo.
He encontrado un vídeo muy interesante que muestra el momento angular en nuestra vida diaria: peonza, alguien sentado en una silla giratoria, una patinadora, etc.