Presentación
A Física é un referente para a comprensión de boa parte da ciencia e da tecnoloxía actual, así como de innumerables fenómenos sociais relacionados. Entre as estratexias a empregar para facer máis atractivo a súa aprendizaxe atópanse as actividades manipulativas, onde a comprensión de procesos naturais concretos realízase a través da experimentación directa con materiais e obxectos cotiáns de baixo custo.
Usualmente, fóra do ámbito académico, estas actividades manipulativas teñen a súa contorna natural en museos ou centros interactivos, sendo maioritariamente no mundo docente anglosaxón onde este tipo de actividades ten maior aceptación, cunha metodoloxía pedagóxica baseada no “aprender xogando/aprender facendo” que domina en todos os niveis educativos.
Nesta páxina atoparás diversas actividades manipulativas clasificadas por afinidade en seis grandes bloques temáticos, que poden ser empregadas no aula, como ferramenta de autoaprendizaje ou en actividades extracurriculares. Para cada unha delas proporciónase de información somera sobre os seus fundamentos, material, instrucións, explicacións, suxestións, enlaces, referencias,… Así mesmo o funcionamento real de cada unha delas pode visualizarse en formato vídeo.
Estas actividades requiren diferentes niveis de abstracción e a súa estrutura básica segue a pauta/acción de Lectura-Concepto-Explicación-Observación-Actividade-Lectura Adicional. Desta forma preténdese inducir a necesidade de levar a cabo unha reacción real implicativa unha vez consultada a información que se presenta. Promovendo así a aprendizaxe manipulativo da Ciencia como un xeito de mellorar a educación científica.
Boa parte do material presentado é resultado directo do traballo realizado polo alumnado da Escola de Enxeñaría Minas e Enerxía da Universidade de Vigo durante a realización do Proxecto de Física cuadrimestral das materias Física 1 e Física 2 de:
GRAO EN ENXEÑARÍA DOS RECURSOS MINEIROS E ENERXÉTICOS
Nun contexto de Aprendizaxe Baseado en Proxectos ao alumnado plantexaselle un traballo-desafío onde, traballando en pequeno grupo, eles deben crear, documentar (conectando con outros contidos e proporcionando información complementaria) e presentar unha Actividade Manipulativa de Aprendizaxe unha vez que foron atopados e utilizados os recursos necesarios. Moito deste novo material debe incorporar imaxe, son, vídeo, texto e elementos como páxinas web interactivas ou ferramentas de simulación virtual en liña. Durante estes mini-proxectos os estudantes baixo a supervisión do profesor: constrúen un modelo, miden, fan hipótese, estiman, discuten, e suxiren. Iso require un esforzo intelectual adicional e ofrece unha visión máis creativa e contextualizada da compoñente práctica que a que ofrece o habitual traballo no laboratorio.
Esta metodoloxía de aprender facendo pode ser exportada a cursos preuniversitarios e outras disciplinas científicas. Por suposto, os contidos de esta páxina web poden usarse en actividades de divulgación científica.