Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía | Universidade de Vigo
Enxeñaría da Enerxía | Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

DIVULGACIÓN

Divulgación

 

O acceso á información no campo da Física converteuse no noso entorno nun proceso fácil e directo coa chegada das novas Tecnoloxías da Información e Comunicación. Elo fai evidente os seus logros ao noso benestar diario, aumentando o desenrolo social e creando condicións axeitadas para a innovación na industria e na economía. Sen embargo esa inxente fonte de saber non ten un intres e un recoñecemento na sociedade en xeral e no alumnado en particular, como demostran os diversos estudos a nivel nacional e internacional levados a cabo.

Un dos obxectivos dos contidos de esta páxina é a de espertar a curiosidade e involucrar á cidadanía en xeral nos conceptos, leis e principios da Física. Elo a través de actividades de divulgación e difusión baseadas en contidos experimentais documentados por alumnado das nosas materias cun linguaxe rigoroso pero próximo. Acompañados dunha selección de material adicional que permita entender os procesos e inducir a crear novo coñecemento por a propia autoexploración, realizando actividades que permitan abordar e resolver problemas cunha base física.

Este tipo de actividades teñen en parte o seu orixe nos museos científicos onde os visitantes experimentan excitación, interese e motivación por coñecer; recordan, valorizan e usan conceptos, explicacións, argumentos, modelos e feitos relacionados coa Física; manipulan e observan fenómenos do mundo cotiá; e participan en actividades colectivas de aprendizaxe empregando ferramentas e linguaxe axeitado. Nunha experiencia na que interveñen os contextos persoais, sociais e físicos dos participantes para crear unha vivencia única e individual.

Así como se realiza un esforzo por exportar esta filosofía do aprender facendo ao ámbito do aprendizaxe formal, esta páxina pretende levar máis alá esa difusión permitindo visualizar ás familias, aos compañeiros e ao público en xeral a interpretación dos contidos físicos realizados polo noso alumnado. Confiamos en que esta tarefa de divulgación sexa unha fonte de inspiración e  información útil e que ela posibilite aprender cousas novas, na escola e fora da escola.